lunes, 14 de mayo de 2018

"Alén do mar": Barcos de defensa

Dentro do PDI o alumnado de 5º e 6º centrouse nos barcos: A súa construcción, os barcos ao longo do tempo e neste terceiro trimestre están a estudar a utilidade dos barcos na actualidade.
Hoxe tiveron a sorte de contar con Alberto Barral, familiar duns compañeiros de 5º. Alberto explicolles o uso dos barcos de defensa na Armada.

Agora xa saben que existen diversos tipos de barcos especializados en diferentes misións e usos. Que os barcos de defensa non só serven para actuar en guerras, senón que tamén existen buques-escola, oceanográficos, loxísticos... 


Tamén puideron ver unha travesía moi perigosa, de camiño a Canadá, na que o buque tivo que sortear ondas xigantescas.



 Transmítennos parte desta experiencia pois  Alberto compartiu amablemente a súa presentación para achegar a todos nós o vivido esta mañá na biblioteca.




Ollade algunha imaxe da charla.






Aquí queda un enlace coa páxina da Armada que nos recomendou Alberto. Nela podedes atopar moitísima información. Premede na imaxe!



Grazas a Alberto e a todas as familias que están a colaborar na marcha do Proxecto de Centro.

miércoles, 9 de mayo de 2018

Érica Esmorís fálanos de" Ulises e as cronoamigas"

Xa chegou o día en que o alumnado dos clubs de lectura de 5º coñeceron á autora de "Ulises e as cronoamigas".  Érica estivo con nós esta mañá.






























O alumnado de 5º A e B que traballou con Mª Jesús e Mari dende xaneiro falando, lendo, debuxando, debatendo,...sobre o libro agardaban con moita ilusión pola visita da escritora, e ela non defraudou as súas espectativas.



Faloulles de como comezou a escribir, porque elexiu as personaxes do libro, en quen se inspirou...Veu os traballos da rapazada dos clubes de lectura, asinou oa libros...
Que mañá tan estupenda, ollade máis imaxes.!






martes, 8 de mayo de 2018

Sesión de contacontos para 1º e 2º

O pasado venres, 4 de maio, o alumnado dos primeiros cursos de Primaria recibiu a Iago López. Un contacontos ben querido e coñecido  pola rapazada de 1º e 2º . Aínda lembran á fabulosa presentación de " O Cociñeiro Martiño" do pasado curso e xa lles tarda que veña Iago a nos presentar a segunda parte da súa obra " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Desta volta dinamizou a actividade a partir de contos populares.







Iago López Santos (Ourense 1977) é mestre en Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil publicou os álbums “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016) e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (Xerais, 2018), ambos os dous ilustrados por Macús Romero. Vén ao noso cole convidado por Güino e por xentileza de Xerais.


Moitas grazas Iago e parabéns a 1º e 2º pola boa acollida e aproveitamento desta actividade!





lunes, 7 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

Benvid@s un ano máis ás actividades desta Festa da Lingua. Este ano "Letras Galegas en feminino", pois están adicadas a María Victoria Moreno.

Güino atopou unha liña do tempo ben completa que fixo a rapazada do IES San Paio de TUI. Premede na imaxe e veredes que información  sobre a autora, a súa vida e obra. Ainda que para saber moito máis da obra o cartel constelación. 







Ademais no blog de  Dinamización da Lingua Galega do noso cole , "A Casqueira", atoparedes presentacións,  xogos interactivos, e outros recursos educativos  que achegaranvos a un coñecemento máis profundo de Mª Victoria Moreno

http://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018-recursos-educativos_2.html


E como na nosa terra toda boa festa ten a súa cantarela aquí queda unha poesía de Mª Victoria Moreno musicada por "Fuxan os Ventos"e a "Brinca Vai" coa cantiga que cada curso pecha o noso Festival das Letras Galegas "Meu o mundo é". 
Ide practicando!!!















Agardamos por todos vós o 16 de maio no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, onde ademais da homenaxe á vida e obra de Mª Victoria Moreno, leranse as poesías finalistas do X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL e entragaranse os premios.

miércoles, 2 de mayo de 2018

Visítanos María Canosa

Mañá 3 de maio é un gran día para os clubs de 6º. Achégase á nosa escola María Canosa a autora de  MURIEL o libro que están a ler coa axuda das profes Lydia e Marina.

Preme na imaxe!


Están espectantes ante a chegada da autora que encheu o seu maxín coas personaxes de Muriel, o raposo, o leiteiro,...Teñen moita curiosidade por coñecer máis da súa obra e teñen preparada a acollida, cartaces, preguntas, libros para asinar...


Aquí tedes a  Brais e Claudia  que nos falan de Muriel.










Que entusiasmo, non? Seguro que mañá descubren cousas novas de Muriel e de María Canosa.

Moitas grazas a María por compartir hoxe, 3 de maio, con nós a xénese da súa obra: Como naceron as personaxes, por que xusto un raposo e un leiteiro e non outro animal ou unha leiteira, a razón de elexir xusto ese marco para a historia e non calquera outro lugar ou tempo e sobre todo MURIEL, un neno coma nós, díxonos María.
E noraboa ao alumnado do club de lectura, que preguntas tan aqueladas, que actitude tan madura e respectuosa e que bos anfitrións para a nosa convidada.

Ademais de falarnos do nacemento do libro e respostar ás nosas dúbidas e curiosidades a autora asinounos e adicounos os libros e veu os traballos gráficos do club. Aquí quedan as imaxes!


















Os Maios

festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.



No noso cole este luns estivemos tod@s ben atarefados facendo os Maios:


  • Trouxemos verdes, xesta, fiúncho, buxo,..; flores, margaridas, calas e camelias, principalmente, pois a primavera vén atrasada.
  • Clasificamos  e coñecimos os seus nomes e características.
  • Coa axuda das familias e o profesorado fixemos catro marabillosos Maios.
  • Na festa cantamos cantigas tradicionais dos Maios que nos aprendeu o profe Emilio e tamén un baile.
  • Magoa que o luns choveu e tivemos que facer a festa dentro, mais pasámolo moi ben, desfilamos e cantamos.



Pola contra, onte, Primeiro de Maio e día grande dos Maios en Pontedeume, tivemos máis sorte co tempo e puidemos saír desfilar cos nosos Maios polas rúas da vila:



Descansar no Xardín de Lombardero mentres cantabamos e pedíanos para o Maio.









Participar no Concurso de Maios na Alameda.




















 E ata gañar dous trofeos!







 Como remate, unha merenda e agasallos  para  toda a rapazada de Pontedeume que achegou os seus Maios ao Concurso do Concello.



Noraboa a tod@s!!


domingo, 29 de abril de 2018

Lecturas compartidas

Cada xoves o alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria vai ler contos ás aulas de E. Infantil e 1º de Primaria.
Coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole o alumnado elixe e prepara o libro que vai ler a seguinte semana.
Os maiores encantados desenvolven mil estratexias que engaiolarán aos pequenos: Preparan o texto, apóianse en debuxos, monicreques artesáns, teatriños...

















Nesta foto montaxe veredes máis momentos desta actividade.

Visitamos a Biblioteca Municipal

Como cada ano, e xa van moitos, participamos nas actividades de Animación a Lectura deseñadas pola Biblioteca Municipal Ramiro Fonte.
Alejandro Caínzos, o bibliotecario de Pontedeume, a partires da presentación dun conto con materiais audiovisuais convida á rapazada eumesa a achegarse á biblioteca acotío, explícalles normas, horarios, préstamos...E os nenos e nenas pasan un tempo agradable e quedan con gañas de volver.










Este ano Alejandro acudíu a un clásico da literatura infantil galega CHUCHO CACHO de Darío Xohán Cabana.



Esta é a historia dun Ourizo chamado Chucho Cacho e se te metes con el convértese nunha pelota de espiñas. Ademais, gústanlle moito os insectos e os caracois, pero moito, moito máis o leite, as lambetadas e durmir polo día.

E este é o autor: Darío Xohán Cabana.
Preme na imaxe para obter información do autor.


Bonita historia, grazas Alejandro!