domingo, 31 de diciembre de 2017

VIDAS MARIÑEIRAS

O programa pedagóxico GALP Golfo Ártabro Norte Vidas Mariñeiras ten como obxectivo resaltar o valor de todos os sectores económicos relacionados co mar.

Hoxe achegámosvos as curtametraxes realizadas polo alumnado ao abeiro deste programa entre os meses de outubro e decembro de 2017.

O IES Breamo de Pontedeume, o CPI A Xunqueira de Fene e o CPI As Mirandas, de Ares, foron os tres centros seleccionados no concurso aberto a todos os institutos de Secundaria dos municipios do GALP Golfo Ártabro Norte (todos os costeiros, de Paderne, a Narón).
Das conversacións mantidas por sete estudantes de terceiro de ESO do IES Breamo cos mariñeiros do porto eumés xurdiu Entre ou río e ou mar, a historia de tres xeracións dunha familia que viven do mar. Seguro que coñecedes aos protagonistas! Non é?
Premede nesta ligazón e poderedes acceder ás curtametraxes dos tres centros.





Noraboa ! Traballo ben feito!



Estreadas nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano, amosámovolas hoxe para rematar o ano no que comezamos o noso proxecto "Alén do Mar".Este  tamén arrecende a salitre, escuma e vento mareiro como estes traballos tan ben elaborados por compañeiros nosos da secundaria. 

                            Poderemos comezar o trimestre con un cineforum!!!???


miércoles, 20 de diciembre de 2017

NADAL NA ESCOLA


Xa que estamos no Nadal
bota ao vento unha semente,
que no ano novo nacente
terá tempo a xermolar.

Que teñas nos ollos paz
e da túa boca valente
na lingua da nosa xente
saian palabras de amar
(Antón Cortizas)


Agora que os días son moi curtos e as noites longas, agora que chegou o frío á nosa vila, agora que se achega o inverno, é o tempo do Nadal.




Na nosa escola estivemos tod@s ben atarefados, cantando panxoliñas, preparando bailes, ensaiando obras de teatro, decorando aulas e corredores,...



En coordinación co EDLG, alumnado de todas as idades elaboraron calendarios de peto coa temática do proxecto deste curso. Premede na imaxe e accederedes a máis información da actividade.



Todo este tempo de traballo en equipo, de lecer aprendendo, de alegría e nervios trouxonos ao final do trimestre ás portas das merecidas vacacións, ás que recibimos como cada curso con un festival, O FESTIVAL DE NADAL.





















Agradecemos o participación de toda a Comunidade Educativa. Entre tod@s conseguimos que cada ano chegue o  Nadal a nosa escola.







Aquí queda unha pequena mostra do vivido estes días.

















miércoles, 13 de diciembre de 2017

Educación Infantil: "Alén do mar"

As nenas e nenos máis pequenos do cole andan ben atarefados coas mensaxes de Güino.


Ollade nos blogs dos diferentes grupos o que está a acontecer nas aulas.


Premendo nas imaxes mergullarédevos no marabilloso mundo da EDUCACIÓN INFANTIL

Pescudaron no código de bandeiras .
  

 CLARO, TAMÉN ANDAN LIADOS CO PROXECTO DESTE CURSO!!!












Vaia sorpresa lles tiña agochada o pergameo... Pois alí puxéronse todos a bailar e cantar a canción do noso proxecto e o certo é... que lles encanta!.


martes, 12 de diciembre de 2017

PDI "Alén do Mar": O litoral, A COSTA DO DEXO

O alumnado de 6º de Primaria en Ciencias Naturais está a traballar un tema moi interesante, no que, entre outros aspectos preséntanse os Espazos Protexidos. 
Profundizaron nos ecosistemas que teñen que ver co proxecto deste ano e aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.
Un ecosistema de litoral de especial riqueza e ben conservado a pesares da súa proximidade a unha das zonas máis poboadas da provincia.


A Costa do Dexo é un Monumento Natural que ocupa o tramo costeiro que comprende desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé, no concello de Oleiros.




Cun pouco de axuda, elaboraron un video moi interesante sobre este Monumento Natural, no que explican moitas das súas características.

Olládeo, está xenial!


Agradecemos o gran traballo destes nenos e a colaboración das familias .
 Entre todos achegáronnos o coñecemento desta  zona tan próxima como interesante.

PDI "Os terceiros investigan"

O pasado martes 28 de novembro, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha saída didáctica a Ferrol, para continuar co traballo realizado no PDI “Alén do mar”.
Os lugares visitados foron o Museo de Historia Natural e o Museo Naval.
No Museo de Historia Natural, baixo un xigantesco esqueleto de balea, entre fósiles de cetáceos, maquetas de arroaces, de peixes lúa, quenllas fociñudas, e outras moitas especies,  aprendemos un montón de cousas sobre as distintas especies mariñas que podemos atopar nas nosas exploracións polas costas galegas en busca de novos territorios. Por suposto... tamén atopamos un “Kraken”!!!



Por outra banda, no Museo Naval, e grazas a uns guías fantásticos, gozamos aprendendo moitas máis cousas sobre como navegar os mares. Contemplamos uns mascaróns de proa espectaculares, como o de Neptuno ou o León “en moto”. Vimos maquetas de Buques Escola, áncoras enormes, canóns, entramos nunha reprodución do interior dun navío e no camarote dun pequeno comandante, e por suposto contáronnos montóns de anécdotas e curiosidades sobre a vida no mar. E como no cole temos o noso propio Caderno de Bitácora no que apuntamos todo o que vamos aprendendo sobre o mar, tamén nos ensinaron que é unha Bitácora e para que se utiliza.


Foi unha gran mañá na que o pasamos xenial aprendendo un montón.
Ollade unhas imaxes deste día.




Á volta da Ponte da Constitución, Manuela achegou á escola un agasallo do Buque Escola onde traballa o seu pai, O Juan Sebastián de Elcano.
As familias, incorporadas e interesadas no noso proxecto contribúen a enriquecelo.
Nós dende a escola interesámonos polo mar, os peixes , os barcos... E o comandante do barco que é escola para os mariñeiros da Armada Española enterouse a través do pai de Manuela e adicounos un marabilloso libro sobre o seu barco que xa está no andel de novidades da nosa biblioteca.

Moitas grazas a todas as familias:
Ao pai de Manuela e ao Comandante do J. S. de Elcano, á tía de Manuel e á directora do Oceanográfico ...





A tía de Manuel traballa no Oceanográfico de Vigo. Ela e a Directora do Oceanográfico agasalláronnos con un libro dos Bolechas que nos aporta moitos datos interesante ao proxecto .
É dos Bolechas que tan boa acollida teñen na nosa biblioteca, ainda que estes días está nas aulas de 3º, pronto estará no Xardín do Pasatempo e viaxará polas aulas que o precisen.



Que ben relacionados están os nenos e as nenas de terceiro!

viernes, 8 de diciembre de 2017

Un mar de libros neste Nadal

Güino e o seu equipo andiveron moi atarefados: seleccionando as recomendacións , acordando visitas coas editoriais para o próximo trimestre, preparando a exposición de libros para pedir como agasallo de Nadal,...




Visita a nosa exposición "Para ler no Nadal!"


Por fin xa teñen o documento "UN MAR DE LIBROS NESTE NADAL".

Ollade os libros que Güino  nos recomenda.
 Podedes pedilos como agasallo   ao Apalpador, a Papa Noel ou aos Reis Magos!!





Felices Festas e Bo Aninovo!

domingo, 3 de diciembre de 2017

"ALÉN DO MAR": AS FAMILIAS COLABORAN


As nenas e nenos de 5º e 6º seguen coa súa investigación sobre a CONSTRUCIÓN NAVAL.

Hai uns días recibiron a unha experta nesta materia, Susana Cortizas, a nai de María Tenreiro(6ºA), que traballa como proxectista  naval.


 Veulles contar moitas cousas interesantes do seu traballo.
  • Que fai a empresa onde traballa:barcos, avións,...
  • Os tipos de barcos que constrúen.
  • Canto tardan en facer os planos e canto en facer o barco  no estaleiro.
  • Partes e medidas do barco.
  • Posta da quilla.
  • Tipos de botaduras...



Ademais de ver planos e fotos viron a botadura do último barco de pesca que fixeron para México. 
Botábanno de lado!




E a botadura do primeiro barco no que Susana traballou, un portaeronaves. o Juan Carlos I. Este en Navantia Ferrol, e o botaron de popa.





Tamén nos falou da tradición australiana da posta de quilla, poñendo na grada debaixo do 1º bloque unha moeda de ouro, como símbolo de pago a Caronte para que guiase as ánimas en caso de naufraxio lonxe do inferno. E amosounos como o facían nun dos barcos que o estaleiro ferrolán fixo para Australia.



Ademais trouxonos todos os planos do 1º bloque que se pon na grada .Fíxoos  a escala, para que os nenos enenas fagan en grupo a súa maqueta en goma eva.

Que interesante! Grazas Susana!