jueves, 26 de enero de 2017

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Gúino enterouse de que o luns imos festexar a PAZ, e como xa é costume, imos soltar  pombas mensaxeiras para que espallen os nosos desexos de Paz polo mundo.

Parece que sentiu ciumes das súas parentas as pombas e mándanos estes agasallos adiantados:

Unha cantiga que lle pediu a Paco Nogueiras. Como  estivo onte na nosa biblioteca deixóunola de regalo.
Escoitade que axeitada para estas datas!!!





E unha peli tan curta como bonita,A que si!!!





NON ESQUEZADES POÑER A VOSA FOLLA NA ÁRBORE DA PAZ QUE MEDROU NA ENTRADA DO NOSO COLE.



Ademais de encher de follas o noso Carballo da Paz, fomos tod@s convidados a escoitar o conto realizado por 1º e 2º de Primaria:


"A PAZ CHEGOU ÁS FRAGAS DO EUME"



A narración levárona a cabo alumnos e alumnas de sexto. MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!
Todos os cursos do cole visitamos a biblio na hora de ler para presenciar a narración co "kamishibai".


Aquí vos deixamos un dos pases desta semana.




O LUNS, DÍA 30, COMO VÉN SENDO TRADICIÓN, TODOS XUNTOS NO PATIO DE PRIMARIA, FIXEMOS A SOLTA DE POMBAS MENSAXEIRAS MENTRES O ALUMNADO DE SEXTO INTERPRETABA COAS FRAUTAS "Viva la vida" de Voldplay.
DÍA DA PAZ 2016-17 on PhotoPeach