domingo, 25 de abril de 2010

Día do Libro 2010

A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616. No noso centro celebrámolo por media da BUSCA DO LIBRO. O GRUPO DE TRABALLO do profesorado do centro que está a realizar un curso de formación relacionado coas COMPETENCIAS, preparou unha TAREFA para este día. A cada grupo preparóuselle un grupo de probas (localizacións bibliográficas, preguntas sobre os carteis colgados nos corredores, de lóxica, sopas de letras, encrucillados,...) contidas nun sobre que GÜINO encargouse de repartir. O alumnado, unha vez superadas as probas, podía completar unha frase que lles serviría para a localización dun libro da biblioteca que atoparían nun punto concreto dentro das dependencias do recinto escolar. Foi unha xornada, divertida, chea de ilusión bo humor e esforzo por parte do alumnado. Posteriormente, na hora de ler, os titores en cada curso, presentaron o libro que permanecerá na biblioteca de aula para uso do alumnado ata o remate do curso. Participou todo o alumnado do centro e os resultados acadados foron moi, moi satisfactorios para alumnado e profesorado.



No hay comentarios: